Thursday 16 de May de 2024

Obradoiro de kitsugi no Museo Os Oleiros


O Museo Os Oleiros abre mañá venres día 12 de maio o prazo de inscrición para un obradoiro no que as persoas que participen aprenderán a experimentar en primeira persoa a sorprendente técnica do kitsugi.

A actividade vai dirixida a maiores de 12 anos e ten unha duración de tres xornadas, os días 24, 25 e 26 de maio. Para obter máis información sobre o obradoiro así coma para formalizar as inscricións é preciso dirixirse ao Museo Os Oleiros, situado nas Torres de Santa Cruz. Tamén é posible chamar por teléfono ao 981 626 692 ou enviar un correo electrónico a museos@oleiros.org.

O kitsugi ou kintsukuroi é unha técnica de orixe xaponesa que ten como obxectivo reparar pezas cerámicas. Consiste en aplicar ouro nas fracturas de calquera obxecto, de feito, kintsugi significa «reparación de ouro». Como é lóxico, este tipo de restauracións non pasan desapercibidas nin o pretenden; as cicatrices das pezas adquiren unha importancia estática moi destacada. Este tipo de restauracións enlazan coa filosofía oriental da recuperación que realza a fraxilidade e, ao mesmo tempo, a resiliencia e a sustentabilidade.